Wednesday 18 de September de 2024

As rúas da Pobra mergullaranse na feira mariñeira do 12 ao 14 de xullo


A Pobra do Caramiñal vestirase de temática mariñeira nesta fin de semana coa feira que, unha vez máis, se converte nun dos pratos fortes da Semana do Mar programada pola Concellaría do Turismo cun evidente carácter lúdico, pero tamén con afán divulgativo para dar a coñece-lo vínculo do municipio co litoral.

 

Do 12 ao 14 de xullo, arredor de 40 postos de artesanía e alimentación concentraranse na praza Victoriano García Martí, no Cantón da Leña, nas rúas do Estremo e Unión e nos Xardíns de Valle-Inclán. Habilitarase tamén unha área exclusiva para o divertimento das crianzas.